
(CANCELADA) VIII CARREIRA DE MONTAÑA MONTEFARO
(CANCELADA) VIII CARREIRA DE MONTAÑA MONTEFARO
Bos días.
Como ben sabedes dentro de dous fins de semana debería de celebrase o VIII Trail Montefaro. Sendo consecuentes coa situación actual de participación, a cal non chega nin ao 15 % das prazas ofertadas, os gastos que xera tanto de cronometraxe (fixos sexa cal for o número de participantes), trofeos, agasallos e “catering”, vémonos na obrigación de suspender o evento e proceder á devolución do importe da inscrición aos que xa o fixeron. Ningún club pode afrontar perdas económicas como as que xeraría este evento de celebrarse coas condicións actuais, pero no caso de Pulpeiros Mugardos somos un club que se fai algo quere facelo ben e non este non é o escenario desexable para a súa realización. Sentimos moitísimo ter que tomar esta decisión pero é inevitable.
Como xa se realizaron labores de acondicionamento da zona, podedes seguir gozando de Montefaro mesmo en mellores condicións que ata o momento.
Non dubidedes que o volveremos a tentar o ano que vén.
Grazas a todos os colaboradores , Estrella del Muelle, Eume Cars S.L, Cabreiroá, Gadis, Los Helvetas Cafetería , Concello de Ares, Concello de Mugardos pola súa inestimable axuda..