MONTEFARO ENDURO RACE 2024
Copa de España de Enduro
Outro ano máis, Club Pulpeiros dende 2006, tráevos o 18 e 19 de maio a proba da Copa de España de Enduro: Montefaro Enduro Race 2024 (Inscripciones Federación).
Como moitos saberedes, e se non animámosvos a descubrilo, teremos preparados uns tramos divertidos con moito “flow” que farán a ledicia dos corredores e corredoras. Se iso non fora pouco, poderanse disfrutar en moitos deles dunhas vistas espectaculares e paraxes incribles co mar de fondo. Máis se tes tempo a contemplalas é que… ¡Vas parao’!
Non só os corredores, senon tamén os acompañantes e espectadores que acudan a animar e desfrutar deste espectáculo único na zona de Ares e Mugardos, poderán pasar un fin de semana desfrutando deste incrible deporte.
Resumen normas:
- A LISTA de saída será respetando según ranking de Copa e por ORDEN de inscrición
- Participación.
- Tódolos participantes deben ter ó menos 15 anos de idade o 31 de decembro do ano no que se celebra a competición.
- Non se aceptan as licenzas de cicloturismo nin licencias doutros deportes.
- Os participantes deben posuír unha licenza para ciclismo de competición, expedida pola Real Federación Española a través dalgunha das súas federacións autonómicas.
- Os participantes estranxeiros deberán ter licenza UCI en vigor.
- Aceptaranse as licenzas por un día, pagando o suplemento de 12€ en concepto de
licenza por un día. ESA LICENZA SÓ CUBRE O DÍA DA CARREIRA, recoméndase o recoñecemento dos tramos a pé, posto que ese día NON está cuberto. Estos corredores serán incluidos na categoría amateur.
- Regulamento da proba: https://drive.google.com/file/d/1cP6Bbt5bBVaPY_7jN2o2ZZMh32zMr2JG/view
- Máis detalles e inscricións aquí.
O paddock estará no parque “Rosalía de Castro” no Concello de Ares: Ubicación Google Maps
Hospedaxe e comidas

Hotel Villa de Ares
- Está situado a 300 metros da zona de Paddock. Só tedes que chamar ó hotel (Móbil 639 365 859) e comunicar que sodes participantes do Montefaro Enduro Race 2024. Ó chegar, antes de ocupar a habitación terédesvos que acreditar coma participantes da carreira.
- Tamén existen apartamentos e pisos.
- Reservas: 639 365 859
- Cómo chegar: Google Maps.




Camping O Parral.
- Situado en Chanteiro (Ares) a 7 km do Paddock. Prezos asequibles e incluso cun pequeno desconto por ser parte de Montefaro Enduro Race.
- Praia de Chanteiro a 50 metros. Preto de onde rematan varios dos tramos da carreira.
- Reservas nos seguintes teléfonos: 981 448 720 ou 697 965 728
- Cómo chegar: Google Maps


Para xantar, almorzar e cear recomendámosvos:
- Hotel Villa de Ares
- A Casa Nova (http://acasanovaares.es/)
O outro Montefaro Enduro Race…

- O sábado 18 de maio a partir das 18:30 no Parque Rosalía (ó lado do Paddock) Montefaro Enduro Race brindaravos música a cargo do grupo “El Cruce“, co seu respectivo avituallamiento con Choripan e liscos a cargo do Club de Remo de Ares.
- É un evento aberto a tódolos que querádesnos acompañar e pasar un bo rato con Montefaro Enduro Race. Non todo vai ser bici e monte…
Algúns vídeos das edicións pasadas (por Samu Chao):
