2021 MONTEFARO ENDURO RACE

Posted on: Xuño 21, 2021 Posted by: Anxo Tajuelo Comments: 0

2021 MONTEFARO ENDURO RACE

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO

O Enduro galego volveu ser profeta na súa terra. Na terceira ocasión que o Campionato de España celebrouse na súa comunidade, os riders autonómicos conseguiron no Montefaro Enduro Race un total de trece medallas, catro delas de ouro. Un éxito deportivo que se sumou ao organizativo co Pulpeiros Mugardos sacándoo adiante, cos protocolos esixidos pola pandemia, un evento que permitiu a case 300 participantes gozar coas súas bicicletas da espectacular contorna natural das rías de Ares e de Ferrol.

A satisfacción dos corredores co percorrido de 34,2 quilómetros, no que se acumulaban 1.240 metros de desnivel, resumiuna despois da proba a gañadora absoluta feminina, a Sub23 Sara Yusto: “Cando acabei tiña ganas de subir de novo a Montefaro para volver percorrer os tramos”. A rider de Benavente, do Lácteas Cobreros, foi a raíña do campionato conservando a súa coroa, mentres que nos homes o canario Edgar Carballo asaltou o trono.

O rider elite do Vadebicis marcou o mellor tempo scratch nos cinco tramos cronometrados. O segundo posto nos tres primeiros parciais (patrocinados por Ciclos Roca, Novomovil BMW e Cabreiroá) obtívoo o naronés Marco Veiga. O elite do Ciclos Quintena, terceiro e cuarto nos dous último sectores (apadriñados por Eucalipto Atlántico e Giant – Liv), finalizou segundo tanto na táboa elite como na absoluta, a 16.799 segundos de Carballo. O terceiro posto, en ambas as clasificacións, ocupouno Gabriel Torralba (Aragón), que defendía título, a 31.911″ do novo campión.

Fonte purociclismo.es