4ª COPA CLUB PULPEIROS: 9 e 10 Setembro 2026
Como outro ano máis, o 9 e 10 de setembro, celébrase a competición de pumtrack. Este ano xa é a 4ª Copa Club Pulpeiros GP Granxa O Coto.
Os corredores, acompañantes e espectadores poderán desfrutar deste espectáculo único no pumtrack en O Esteiro de Mugardos.
Resumen normas:
– Para máis detalle e incribirse, no seguinte enlace da Federación Galega de Ciclismo: Inscripcións
4ª COPA CLUB PULPEIROS
– O DORSAL ASINADO É DE USO OBRIGATORIO NA TEMPADA 2026 DE, MINIBTT, MINIDH, COPA E CAMPIONATO DE PUMPTRACK
– PREINSCRICIÓNS E INSCRICIÓNS:
O PRAZO DE INSCRICION PECHA O DÍA : 09 de setembro de 2026 as 23:59:59
FORA DE PRAZO CON RECARGO DE 30€ ATA O 10 de setembro de 2026 as 15:00:00
– NORMATIVA
Toda proba competitiva celebrada baixo o amparo da FGC, farase por preinscricións telemática.
– Para as probas que se celebren durante a fin de semana, as preinscricións pecharanse o MÉRCORES ANTERIOR ÁS 23:59 horas, as celebradas durante a semana, ata tres días antes da proba ás 23:59 (a excepción das probas de BTT-Enduro).
As preinscricións fora de prazo permítense de maneira extraordinaria coas seguintes condicións:
– Para as probas que se celebren na fin de semana, ata o XOVES ANTERIOR ÁS 15:00. As celebradas durante a semana, ata dous días antes da proba ás 15:00. En ambos os dous casos cunha PENALIZACIÓN de 10 € para as categorías escolares (benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil e cadete) e de 30€ para o resto de categorías.
Queda totalmente prohibido realizar inscricións pasado estes prazos. Non se aceptarán inscricións, nin pagamentos fóra destes prazos ou o mesmo día da proba.
– COMO CHEGAR: Ubicación
– Enlace a grupo de difusión de whasap da Copa Galicia
– O horario dos adestramentos dependerá das inscripción, se superan os 100 inscritos serán en xornada de mañán cun horario aproximado de 12:30 a 14:30 e as mangas en xornada de tarde, tendo a hora de saída da primera manga ás 15:15.
– En caso de ter un número de participantes inferior a proba desenrolarase en horario íntegramente de tarde cos adestramentos de 15:00 a 16:30 aproximadamente e a primeira manga as 17:00 horas
